Saltar ao contido

Fisioterapia Obstrética e Xinecolóxica

Ámbitos da fisioterapia xinecolóxica:

  • Embarazo: Abarca a preparación do corpo da muller para o parto e a prevención de dores lumbares, dorsais, de cadeira e pubis. A persoa fisioterapeuta pode ensinar exercicios, posturas para a dilatación e técnicas como a masaxe perineal para elastificar os tecidos do suelo pélvico.
  • Postparto: Enfócase na recuperación da musculatura e do suelo pélvico tras o parto (sexan vaginais ou por cesárea). Aborda problemas como a incontinencia urinaria ou fecal, a dor pélvica, a diástase abdominal e a recuperación de cicatrices.
  • Disfuncións urinarias: Trata problemas como a incontinencia urinaria de esforzo, de urxencia ou mixta. A través de exercicios e reeducación, búscase fortalecer a musculatura do suelo pélvico para mellorar o control da vexiga.
    Prolapsos de órganos pélvicos: Céntrase no descenso dos órganos pélvicos, como a vexiga, o útero ou o recto, e en aliviar síntomas asociados como a sensación de pesadez ou a incontinencia.
  • Endometriose: Aínda que non cura a enfermidade, a fisioterapia axuda a aliviar e controlar a dor crónica e a inflamación asociadas á endometriose mediante técnicas como a masaxe e a radiofrecuencia.
  • Disfuncións sexuais: Axuda a tratar problemas como a dor durante as relacións sexuais (dispareunia), a dor vaxinal ou a falta de sensibilidade, buscando normalizar o ton muscular e mellorar a elasticidade dos tecidos.
  • Menopausa: Ofrece unha avaliación do estado do suelo pélvico, da postura e da mobilidade dos órganos internos para mellorar a calidade de vida e previr patoloxías a longo prazo.
  • Rehabilitación de cicatrices: Trata cicatrices resultantes de cirurxías abdominais, cesáreas ou episiotomías para mellorar a sensibilidade, reducir a dor e previr futuras patoloxías.

Reserva a túa cita

Si te interesa programar una con nosotros o informarte más sobre los servicios no dudes en contactarnos.

gl_ESGalego